Notas

[1] Incluído tamén na edición de 1926, entre os poemas "A aldea esquecida" e "No Escorial". As variantes dunha a outra redúcense a simples correccións léxicas: alónxase por aléxase; entre por antre; ágoas por auguas; virxe por virxen (Nota do Editor).<<

[2] Recóllese tamén na edición de 1926 como primeira composición do libro, sen grandes variantes. A única significativa: entre estripos e entre frores por haxa estripos, haxa frores (Nota do Editor).<<

[3] Os cinco textos que agrupa este epígrafe son outras tantas louvanzas a figuras sinaladas do galeguismo. Na primeira edición de Da terra asoballada, onde constitúen unha sección diferenciada, aparecen sen numerar (Nota do Editor).<<

[4] Recóllese tamén na edición de 1926, entre os poemas "Fala unha laverca" e "Novo día". As variantes entre unha e outra edición son mínimas: arredor por orredor, a libertar a Terra por á libertá da Terra. A adicatoria a Lois Porteiro convértese en in memoriam, dado que o fundador das Irmandades morrera en 1918 (Nota do Editor).<<

[5] Con este poema remata Da terra asoballada na súa edición de 1926. Entre as dúas obsérvanse numerosas variantes, na mor parte dos casos de tipo ortográfico: amistade por amistá; risolio por resolio; esquecidos por esquencidos; peligrinos por pelegrinos; quece por quence; vendimas por vendimias; quece por quence; viril por varil; paz por pas; vez por ves; roxo (sangre) por roxa (Nota do Editor).<<

[6] Os catro poemas que seguen forman unha especie de sección, similar a "Santos da nosa Terra". Cabanillas quixo remarcar o seu caracter unitario como froitos do seu achegamento á Liga de Acción Gallega. No orixinal aparecen sen ningunha indicación de orde; engadímola para resaltar unha estruturación non de todo evidente (Nota do Editor).<<